A CTNL reclámalle ao Concello de Irixoa unhas condicións laborais minimamente dignas para a praza de técnico/a de normalización lingüística

Logo de coñecidas as bases de selección para a provisión temporal dun/ha técnico/a de normalización lingüística no Concello de Irixoa, desde a CTNL detectamos na convocatoria cuestións graves relativas ás condicións laborais, nomeadamente as referidas ás remuneracións económicas.

No punto 1.º das bases sinálase que as retribución serán de «425 euros brutos ao mes, incluído o prorrateo de pagas extras», por unha xornada de 20 horas semanais. Debido ás tarefas e funcións propias dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística, ás súas capacidades, coñecementos e competencias e á titulación esixida no proceso de selección (unha licenciatura), a praza debe ser ou estar para todos os efectos equiparada ás prazas de funcionario de grupo A. Polo tanto, as retribucións deben ser as correspondentes a esa categoría e acordes ao nivel de estudos esixido (unha licenciatura).

Por estas razóns, desde a CTNL solicitóuselle ao Concello de Irixoa –a través dun escrito enviado ao alcalde con copia para todos os grupos políticos con representación municipal– que, para que poida seleccionar o persoal máis e mellor capacitado, para optimizar o labor do SNL local, para contribuír a mellorar o proceso de normalización da lingua galega desde o Concello, e para que a persoa beneficiaria do proceso de selección traballe nunhas condicións laborais minimamente dignas e acordes co seu nivel de estudos se modifique o punto relativo ás retribucións da base 1.ª da convocatoria, para que a remuneración económica sexa acorde coa titulación esixida, e que, polo tanto, a praza de técnico/a de normalización lingüística sexa ou estea para todos os efectos equiparada ás prazas de funcionarios/as do grupo A.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio