A CTNL pediulle ao Concello de Muros a modificación das funcións na súa convocatoria de TNL

A CTNL dirixiuse ao Concello de Muros para solicitarlle que modifique a relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Tamén lle solicitou que se especifique o grupo laboral da praza.



O Concello de Muros publicou recentemente a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización da lingua en réxime de interinidade.

Nesta convocatoria establécense como tarefas propias da praza a “elaboración, corrección e tradución de documentos” (base primeira, parágrafo segundo). Polo tanto, a CTNL solicitou que se modifique esta relación de funcións pois non se corresponden coas dun/dunha técnico/a de normalización da lingua.

Anexouse coa solicitude unha relación de funcións elaborada pola CTNL con motivo do Encontro de Política Lingüística Municipal que tivo lugar en Santiago de Compostela o 16 de novembro de 2015. Estas funcións coinciden coas establecidas nas axudas para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística que convocan tanto a Xunta de Galicia como a Deputación da Coruña.

Alén disto, solicitouse que nas bases figure o grupo profesional a que debe estar adscrita a praza, que debe ser o subgrupo A1 da función pública ou o grupo I do persoal laboral.

Solicitude da CTNL, en .pdf

Anexo á solicitude, en .pdf.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio