Os obxectivos deste curso son tomar conciencia da utilidade e importancia da xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (SNL), achegarse aos principios básicos da xestión da calidade, coñecer as ferramentas básicas para avaliar o traballo dos SNL e procurar desenvolver plans de mellora e cartas de servizos nos SNL.
O profesor do curso será Celso Rodríguez Fernández, que é profesor de Álxebra na USC, avaliador acreditado EFQM e colaborador con diversas axencias e proxectos de calidade.
As sesións terán lugar as tardes do mércores 9 e venres 11 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC e, ao cabo duns meses, farase unha sesión de avaliación para analizar a aplicación dos contidos nos SNL.
O prazo de solicitude de participación está aberto desde o 26/10/2011 ás 10.00 h até o 2/11/2011 ás 14.00 h.
Información completa >
A CTNL organiza un Seminario de introdución á xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística
A CTNL organiza un Seminario de introdución á xestión da calidade nos SNL, que terá lugar os días 9 e 11 de novembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 26 de outubro ao 2 de novembro