A CTNL lamenta o peche de Galicia Hoxe, o cuarto medio de comunicación en galego que desaparece no último ano

“A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais” provocaron o peche do único diario non gratuíto en papel editado en galego na actualidade, o Galicia Hoxe, que se suma á desaparición no último ano de A Peneira, Vieiros e da edición en papel de A Nosa Terra, o que supón un grave retroceso para a normalización lingüística

Galicia Hoxe, único diario en papel en galego, edita o seu último número este 28 de xuño. Segundo declaran desde o medio, “a crise económica e, sobre todo, o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego”, feito que a CTNL lamenta profundamente, pois supón un moi grave retroceso para a normalización da lingua galega, sobre todo cando é o cuarto medio de comunicación na nosa lingua que desaparece no prazo dun ano, despois do peche do xornal dixital Vieiros, do semanario en papel A Nosa Terra e do quincenario A Peneira.

Este peche provoca, ademais, que 19 profesionais, entre os que hai varios/as lingüistas, queden sen traballo, o que desde a CTNL lamentamos de xeito especial e aos/ás que lles enviamos o noso total afecto e moito ánimo.

O apoio aos medios de comunicación en galego ten que ser fundamental para o proceso de normalización da lingua galega, mais para o apoio económico e a contratación de publicidade por parte da Xunta de Galicia, o uso da lingua galega non é un factor que se ten en conta, e a administración opta no reparto de axudas e na contratación de publicidade institucional por medios galegos e estatais nos que a lingua galega ten unha presenza residual e, nalgúns casos, incluso un tratamento claramente pexorativo, o que desde a CTNL non podemos deixar de criticar.

Na actualidade, ademais da radio e televisión pública galega, os únicos medios xeralistas existentes na nosa lingua son:

O Grupo Correo Gallego manterá o espírito de Galicia Hoxe na rede dende www.galiciahoxe.com. Este xornal, herdeiro de O Correo Galego (que se editou entre 1996 e 2003) publicouse por primeira vez o 17 de maio de 2003.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio