A CTNL diríxese ao Concello de Nigrán para que non interrompa o SNL

O pasado 1 de setembro, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Nigrán para solicitarlle que reconsiderase a decisión de interromper o SNL creado hai un ano ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra.

En xullo do ano 2016, o Concello de Nigrán convocou unha praza de técnico/a de normalización lingüística co fin de crear un servizo de normalización lingüística (SNL) na entidade local, ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra.

O SNL creouse efectivamente en setembro do ano pasado e, desde entón, leva desenvolvido actividades de corrección e asesoramento lingüístico no web municipal, na comunicación externa, nos formularios de maior uso e en diversos departamentos da entidade; accións formativas dirixidas ao funcionariado para mellorar as súas competencias lingüísticas; e diversas campañas de dinamización lingüística que incidiron en tres áreas prioritarias: no comercio local, na rede asociativa e na infancia e mocidade, neste último caso tras establecer unha estreita colaboración cos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino.

Así mesmo, grazas á existencia do SNL, o Concello de Nigrán asinou en marzo de 2016 o protocolo de adhesión ao proxecto Apego, programa paro o que é imprescindible que a institución conte cun SNL, pois é preciso contactar coas familias, entrevistarse con eles, detectar necesidades e fornecer recursos e argumentos, programar actividades de acordo coas necesidades detectadas, etc.

Para que non perda efectividade todo o traballo realizado no último ano, para que se continúe un labor necesario e para que se poida desenvolver o proxecto Apego con todas as garantías, a CTNL solicitou ao Concello de Nigrán que reconsidere a decisión de interromper o servizo. Pediulle que, se non é posible renovar o contrato laboral existente, se prorrogue ata que sexa posible facer unha nova convocatoria ao abeiro das axudas da Deputación Provincial de Pontevedra.

Escrito da CTNL dirixido ao Concello de Nigrán, en .pdf

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio