A Asemblea Anual Ordinaria 2011 da CTNL terá lugar a partir das 17.30 h do venres 25 de febreiro na Sala Circular do Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela.
A orde do día será:
1. Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición e avaliación da xestión e accións do último ano
4. Informe de contas e orzamento para o próximo exercicio
5. Programa de traballo 2011
6. Cambios na Xunta Directiva
7. Rolda aberta de intervencións
As socias e os socios da CTNL poderán acceder a toda a documentación a través da área restrinxida deste web a partir do 18 de febreiro: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socios/as, informe de xestión, informe de contas e proposta de programa de traballo 2011.
Cea da CTNL
Ademais, o mesmo día da Asemblea, o venres 25 de febreiro, terá lugar en Santiago de Compostela a cea anual da CTNL, para a que, os/as socios/as interesados/as en participar, deben confirmar a súa asistencia até o 18 de febreiro.
A CTNL desenvolverá Asemblea Xeral o 25 de febreiro en Compostela
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) desenvolverá a Asemblea Xeral Ordinaria, na que acordará as liñas de acción para 2011, o venres 25 de febreiro pola tarde no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela