A CTNL convoca unha nova edición do curso de xestión administrativa para o traballo en servizos de normalización lingüística

Esta terceira edición do Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais terá lugar en Santiago de Compostela os días 26 de maio e 2 e 10 de xuño. O prazo de inscrición está aberto do 1 de abril ao 9 de maio

Inscrición e información completa, aquí >

Logo das dúas edicións anteriores que tiveron lugar en Pontevedra e Bertamiráns, a CTNL convoca un novo Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais, cos obxectivos de coñecer o procedemento administrativo xeral que lle afecta aos SNL, de achegarse aos trámites administrativos básicos que require o traballo desde os SNL e de fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL.

Para isto, traballaranse contidos como as fontes de dereito local, o procedemento administrativo, as subvencións, os contratos, os convenios, as facturas, o control interno, a xestión do gasto público, os orzamentos, etc.

O curso desenvolverase na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 26 de maio e o xoves 2 de xuño en horario de tarde e o venres 10 de xuño todo o día.

A profesora será, como nas outras ocasións, Alicia Paula Otero González, técnica de administración xeral no Concello de Pontevedra.

O curso está organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e co Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de abril a partir das 10.00 h e até o 9 de maio ás 14.00 h.

Inscrición e información completa, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio