A CTNL convoca un curso de accións de dinamización lingüística

Co obxectivo de dotar as persoas participantes dunha metodoloxía para o deseño, xestión, implementación e avaliación de accións de dinamización lingüística, a CTNL convoca un curso que terá lugar os días 24 de outubro e 7, 14 e 21 de novembro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 15 de outubro

O Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística que convoca a CTNL está dirixido principalmente a traballadores/as de servizos de normalización lingüística, traballadores/as de asociacións, empresas e outras entidades relacionadas coa normalización e membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino, así como a todas aquelas persoas interesas en traballar pola normalización da lingua.

Cunha duración de 25 horas (20 presenciais e 5 non presenciais), terá lugar o mércores 24 de outubro todo o día, e as tardes dos mércores 7, 14 e 21 de novembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

O curso estará impartido por Isabel Vaquero Quintela, responsábel da Área de Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, e autora do traballo Traballarmos en dinamización lingüística (.pdf), publicado pola CTNL. Ademais, contará cun módulo de participación e implicación, impartido polo experto en participación cidadá Xaime Subiela, e outro de mercadotecnia e comunicación, impartido polo especializado en comunicación e vicepresidente da Agal, Miguel Rodrigues Penas.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 8 de outubro ás 10.00 h e até o día 15.

Información completa e inscrición, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio