AVISO MOI IMPORTANTE DEBIDO A UN PROBLEMA NO SITIO WEB
SE DESPOIS DE CUBRIR E ENVIAR O FORMULARIO CHE CHEGA A MENSAXE DE CONFIRMACIÓN CODIFICADA AO CORREO ELECTRÓNICO, DEBES REENVIALA A info@ctnl.org PARA PODER CONFIRMAR A INSCRICIÓN. O ASUNTO DESTA MENSAXE É “CTNL: Activación de conta”
Nas próximas semanas a CTNL convocará tamén dúas edicións dun Curso de xestión administrativa para técnicos/as de servizos de normalización lingüística e unha nova edición do Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística.
Curso de presentacións eficientes para a normalización lingüística
Convocatoria completa en .pdf >
Obxectivos xerais
-Mellorar a comunicación relacionada coa normalización lingüística a través da utilización de presentacións de xeito eficiente
-Utilizar as presentacións con modelos adecuados, modernos e eficientes para transmitir mellor as mensaxes
-Estimular o uso eficiente das novas tecnoloxías e os novos formatos de comunicación no proceso de normalización da lingua galega
Este curso non é
-un curso nin de informática nin de powerpoint
-un curso teórico sen experimentación
Contidos
-Os programas informáticos: contorno de traballo, modelos e compatibilidades
-A planificación: estrutura, axudas visuais, cores, fotos, táboas…
-A comunicación con apoio gráfico: facerse co escenario, posta en escena, conectar coa audiencia, evitar a monotonía…, funciona todo?
Profesorado
-Ana Otero
-Manuel Bermúdez
-Sandra Vázquez
Datas e horarios
1.ª edición: outubro de 2010
-Martes 5, de 16.30 h a 20.30 h
-Venres 8, de 10.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h
-Sábado 9, de de 10.00 h a 14.00 h
-Venres 15, de 16.00 h a 21.00 h
Haberá unha 2.ª edición que terá lugar os días 2, 5, 6 e 12 de novembro de 2010
Duración
-30 horas (21 horas presenciais e 9 de traballo non presencial)
Lugar: Santiago de Compostela
-Os venres 8 e 15: Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n
-O martes 5 e o sábado 9: Centro de Formación Tesdai. Rúa de Rosalía de Castro 42 A, baixo
Persoas destinatarias
-Traballadores/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Procedemento, calendario de inscrición e límite de prazas
-Inscrición: a través do formulario habilitado para o efecto neste mesmo web dentro dos prazos de inscrición
AVISO MOI IMPORTANTE DEBIDO A UN PROBLEMA NO SITIO WEB
SE DESPOIS DE CUBRIR E ENVIAR O FORMULARIO CHE CHEGA A MENSAXE DE CONFIRMACIÓN CODIFICADA AO CORREO ELECTRÓNICO, DEBES REENVIALA A info@ctnl.org PARA PODER CONFIRMAR A INSCRICIÓN. O ASUNTO DESTA MENSAXE É “CTNL: Activación de conta”
-Límite de prazas: 20
Dado que o número de prazas está limitado a 20, terán preferencia, en primeiro lugar, os/as socios/as da CTNL e, a continuación, os/as técnicos/as de entidades que formen parte da Rede de Dinamización Lingüística. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL número 2091-0377-74-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso presentacións”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
Calendario de inscrición para a 1.ª edición
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 27/9/2010 ás 10.00 h até o 29/9/2010 ás 24.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 30/9/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 4/10/2010
-Datas do curso: 5, 8, 9 e 15 de outubro de 2010
Calendario de inscrición para a 2.ª edición
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 11/10/2010 ás 10.00 h até o 15/10/2010 ás 24.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 18/10/2010 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 25/10/2010
-Datas do curso: 2, 5, 6 e 12 de novembro de 2010
Cota de inscrición
-Socias/os da CTNL: 30 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os (non socias/os): 40 euros
-Non socias/os da CTNL: 100 euros
Certificado de asistencia
-Para obter o certificado de asistencia hai que participar en, cando menos, o 80% das horas totais do curso
ORGANIZA
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela
-Rede de Dinamización Lingüística
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
A CTNL convoca dous cursos de presentacións eficientes para a normalización lingüística
A CTNL convoca dúas edicións dun Curso de presentacións eficientes para a normalización lingüística que terán lugar en Santiago de Compostela, unha en outubro e outra en novembro. O prazo de inscrición para a primeira abre o luns 27 de setembro ás 10.00 h