A CTNL considera que non se pode limitar a acción da Secretaría Xeral de Política Lingüística ao ensino, pois a lingua haina que promover e defender en todos os ámbitos e sectores, como o empresarial, as novas tecnoloxías, a xustiza, a administración pública ou a sanidade, por exemplo, onde a Consellaría de Educación non ten ningún tipo de competencia.
Durante os anteriores gobernos do Partido Popular, Política Lingüística estivo inserida na Consellaría de Educación, mais en 2005 ese departamento pasou a depender da Presidencia. Ese posicionamento orgánico na cúspide da organización permitía a transversalidade e a acción nos diferentes ámbitos sociais, algo imposíbel de desenvolver relegándoa a unha consellaría concreta. Por esta razón, a CTNL considera que a decisión do goberno de Núñez Fejóo é un novo paso atrás para a normalización da lingua galega, entre outros xa anunciados polo presidente, como a derrogación do Decreto de fomento do uso do galego no ensino.
Na prensa:
- Critican que Política Lingüística dependa da consellaría que vai derrogar o decreto do galego [Vieiros, 22/4/09]
- Traballadores de normalización critican o organigrama da Xunta [A Nosa Terra, 21/4/09]
- A Mesa e a CTNL ven un paso atrás “relegar” Política Lingüística [Galicia Hoxe, 22/4/09]
- Traballadores de normalización consideran “lamentable” e “un paso atrás” que Política Lingüística se relegue a Educación [Europa Press/Vieiros, 21/4/09]