A CTNL asina un convenio de colaboración coa SXPL para o desenvolvemento de accións de formación

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) asinou recentemente un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para a organización de diversos cursos dirixidos a traballadores/as de normalización lingüística.

Segundo este convenio ambas as entidades son conscientes do gran labor que realizan os profesionais que traballan a prol da normalización da lingua galega e da importancia de poñer en marcha accións para mellorar e facer máis efectivo o seu traballo.

O acordado no convenio é que a CTNL encargarase de organizar, xestionar e executar diversas accións de formación dirixidas a traballadores/as de normalización da lingua galega e a estudantes ou todas aquelas persoas interesadas en incoporarse ao traballo de promoción do uso e prestixio do galego.

O orzamento total de accións previstas é de 16.000 euros, dos que 5.000 serán achegados pola CTNL e 11.000 pola SXPL.

A CTNL presentoulle este ano á SXPL un proxecto moito máis ambicioso de coordinación, formación e información dos traballadores/as de normalización da lingua, que contemplaba coordinación xeral; organización de encontros territoriais, sectoriais e xerais; un plan formativo; compilación e difusión de materiais e recursos; proxección social das accións de fomento do uso do galego; etc. Mais a SXPL só quixo colaborar nas accións formativas.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio