A CRTVG convoca, mediante un proceso de consolidación de emprego, tres prazas de asesor/a lingüista

A CRTVG fixo público un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes de varias prazas de persoal laboral fixo, entre as que hai tres prazas de asesor/a lingüista. O prazo de presentación remata o 4 de marzo

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) publica a convocatoria dun proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de diferentes prazas de persoal laboral fixo, entre as que hai tres de asesor/a lingüista, para traballar na CRTVG e nas súas sociedades, Televisión de Galicia SA e Radiotelevisión Galicia, SA.

Para optar a estas prazas de asesor lingüista, as persoas interesadas deben ser licenciadas en Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués) ou Filoloxía Galega.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

Na fase de concurso (80 puntos, 40%) valoraranse só os servizos prestados na propia CRTVG (0,372 puntos por mes traballado na mesma categoría ou 0,186 puntos por mes traballado en categoría similar) ou en administracións públicas (0,124 puntos por mes traballado na mesma categoría).

Na fase de oposición (120 puntos, 60%) haberá unha proba oral (30 puntos) e outra escrita (30 puntos) de lingua galega e unha proba tipo test (60 puntos) sobre os coñecementos, funcións e tarefas da categoría.

Esta proba tipo test conterá 30 preguntas teóricas e 30 prácticas dunha batería de preguntas que serán publicadas previamente no web da CRTVG.

O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, no DOG do 2 de febreiro.

Convocatoria completa en .pdf >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio