O Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense convocan o IV Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 17ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración con Ponte…nas Ondas!.
O IV Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.
Os vídeos que se presenten deben ser orixinais, de ficción, documental ou animación, de temática libre, en galego e cunha duración máxima de 20 minutos.
O vídeos deben enviarse antes do 29 de xuño de 2012.
Bases, formularios de inscrición e traballos presentados en edicións anteriores, aquí >
A creatividade audiovisual no ensino ten premio! Ouff Escola 2012
No marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), convócase o IV Certame de Cinema OUFF Escola, para impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade. Pode participar alumnado de infantil, primaria e todos os demais niveis non universitario con vídeos orixinais