Un ano máis o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais na que se amosan os servizos e creacións culturais galegas de distintos ámbitos.
A feira está aberta desde o venres 2 ao domingo 4, en horario de 11.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.30 h, e a entrada é de balde.
En Culturgal hai venda e exposición de produtos e servizos culturais, desde libros, discos, filmes ou camisolas, até xestión de actividades, produción audiovisual, deseño, teatro, desenvolvemento web, videoxogos, etc.
Ademais, durante os tres días de feira hai un amplo programa de actividades de todo tipo e para todos os públicos, como presentacións, obradoiros, concertos, animación, conversas, teatro, etc.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) tamén está presente en Culturgal, cun posto no Salón co que se pretende darlle visibilidade á asociación e informar sobre a súa actividade.
Toda a información sobre Culturgal pódese consultar en www.culturgal.com.
A creación cultural galega amósase un ano máis en Culturgal, do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra
A música, o libro, o audiovisual, as artes escénicas, o deseño, as novas tecnoloxías... A creación cultural galega amósase en Culturgal, a feira galega das industrias culturais que ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do venres 2 ao domingo 4 de decembro, na que participa a CTNL e que inclúe, ademais, unha chea de actividades para todos os públicos