O certame seleccionará dez autores/as, que terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por profesionais galegos de prestixio, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega.
Cada concursante debe participar cun mínimo de dúas cancións e un máximo de cinco. A maqueta deberá ser da propia autoría do concursante, orixinal, non divulgada anteriormente, nin suxeita a limitacións e/ou obrigas contractuais previas de ningún tipo. As maquetas están abertas a calquera estilo dentro dos límites da música popular: pop, rock, electrónica, folk, jazz, canción de autor, etc.
DESENVOLVEMENTO E PRAZOS DO CERTAME
Do 22 de marzo ao 12 de abril de 2010 poderán rexistrarse os e as participantes no concurso. Durante este tempo non se poderán votar as cancións.
Do 12 de abril ao 2 de maio de 2010 o público poderá votar polas cancións participantes no certame. Cadaquén poderá votar unha vez por tantas cancións como desexe.
Toda a información en: http://acorunason.eu/