A Coruña Son 09, nova edición do certame de canción en galego

As concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizan unha nova edición do certame que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e novas autoras de canción popular en galego.

Os/as autores/as participantes no certame deberán subir os vídeos ou MP3 das súas cancións orixinais á web http://acorunason.eu entre o 17 de decembro de 2008 e o 10 de febreiro de 2009. Todos/as os/as usuarios/as rexistrados/as no web terán a oportunidade de votar polas súas cancións favoritas. Destas votacións sairán un total de 30 seleccionadas, entre as que o director técnico do certame, Santiago Auserón, escollerá os/as 10 autores/as premiados/as.

Os/as dez autores/as seleccionados/as terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, onde traballarán as súas propias composicións.

Así mesmo, as concellarías de Cultura e de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña asumirán a gravación e edición dun disco colectivo coas dez composicións premiadas.

Na edición de 08 foron premiados temas de Tonhito de Poi, Chámalhe Xis, Mr. Carácter, Pablo Díaz, Chus Silva, O Sonoro Maxín, NAT, Os John Deeres, Iria Pinheiro e D-Laxe, que formaron un disco xunto cun tema en galego de Santiago Auserón.

Todas as cancións presentadas, tanto da edición de 2008 como da de 2009, poden baixarse a través de acorunason.eu.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio