A Concellaría de Normalización Lingüística da Coruña, coa organización da AS-PG, convocou unha nova edición do certame de debate en galego Falamos, dirixido á participación de equipos de centros de ensino da comarca coruñesa.
Nesta edición o certame terá lugar o venres 4 de febreiro na Escola TS de Náutica e Máquinas da Coruña, e nel participarán 6 equipos dos IES Monte das Moas e IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña) e IES Afonso X O Sabio e IES David Buján (Cambre).
Os debates deste certame realízanse en lingua galega e a calidade lingüística dos rapaces e rapazas participantes é un dos elementos que ten en conta o xurado, entre outros como a capacidade e diversidade de argumentación, a sincroniación, a expresividade, a calidade do discurso, o manexo de datos con soltura, rigor e claridade, etc.
Os obxectivos deste certame, co que tamén colabora Biblos Clube de Lectores e mais a Universidade da Coruña, son fomentar o uso do galego entre a mocidade, o dominio da lingua e a calidade lingüística; fomentar habilidades como falar en público, aprender a convencer argumentando, promover o respecto e a tolerancia, o traballo en equipo, etc.; e valorar a importancia da documentación e investigación antes de defender unha postura determinada.
Os premios: viaxe a Lisboa, coleccións de libros de Biblos, reprodutores MP4, netbook, etc.
Pódese consultar máis información nas bases completas do certame pódense en .pdf ou no Blog do SNL do Concello da Coruña
A Coruña acolle un ano máis o certame de debate Falamos
O venres 4 de febreiro terá lugar unha nova edición do certame de debate Falamos, convocado polo Concello da Coruña e a AS-PG para promover a expresividade e argumentación en galego entre a mocidade