O Altofalante do Ano é un premio que a Asociación Cultural Altofalante de Ribeira lle outorga cada ano, desde 2006, a unha persoa ou entidade que destaca polo seu traballo a prol do país. En anos anteriores este galardón foille outorgado a Xurxo Souto, á Plataforma polo Ensino Galego, á Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e á Confradía da Dorna.
Neste 2010 Altofalante outórgalle o seu máximo galardón á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) por, tal e como recolle a acta do xurado:
-Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galiza de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
-Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
-A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
-Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego que foron un grande éxito de proxección pública.
O acto de entrega do premio terá lugar o sábado 20 de novembro ás 20.00 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira.
A Coordinadora de equipos de normalización do ensino, premio Altofalante do ano 2010
Nas vésperas do Día da Dignidade da Galiza, o 13 de novembro, a Asociación Cultural Altofalante fixo público que neste 2010 lle outorga o seu premio anual, o Altofalante do Ano, á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) polo traballo a prol da lingua que realiza no ensino