No transcurso da asemblea aprobáronse os principios que rexerán este colectivo, así como o seu plano de traballo anual, que incluirá unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar, programas de intercambio entre estudantes, fomento do galego nas novas tecnoloxías, entre outras actividades que os ENDL realizarán a pesar do recortes dos apoios institucionais.
Así mesmo, aprobouse o organigrama da CGENDL e escolleuse por unanimidade o seu Consello Directivo para os próximos dous anos. Na clausura do acto, Valentina Formoso, que resultou elixida coordinadora xeral, repasou a traxectoria do colectivo dende o seu nacemento e marcou as liñas de actuación para o futuro inmediato. Neste sentido, anunciou a vontade da Coordinadora de non ter “nin medo nin preguiza para traballar na normalización da lingua galega”
Podes ler o discurso de clausura nesta ligazón.