A comunidade de tradución de sóftware libre organízase fóra das institucións

A comunidade de tradución ao galego de sóftware libre estase a organizar fóra do ámbito institucional co fin de garantir as actividades que realizaron nos últimos anos arredor de Mancomún. Os proxectos que acaban de nacer son a Asociación sen ánimo de lucro Trasno e a plataforma g11n.net.

O proxecto Trasno, un dos pioneiros na tradución ao galego de sóftware libre, agrupa persoas voluntarias dedicadas á tradución de aplicativos. O pasado 17 de outubro crearon a Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre-Proxecto Trasno entre cuxos obxectivos está “A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais.”

Pola súa banda, a plataforma informática g11n.net parte co obxectivo de garantir a pervivencia das actividades que desenvolveu nos últimos anos Mancomún, mais sen depender de das institucións, de partidos políticos ou empresas. O seu financiamento dependerá das achegas das persoas voluntarias. Por agora, na plataforma g11n.net xa se creou unha rolda de correo comunitaria e un servizo para xestionar os proxectos de galeguización.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio