A CIG pon en marcha unha campaña para promover o uso do galego na Administración Pública

“Por unha administración mellor, mellor en galego” é o lema da campaña de promoción do uso do galego que a CIG vén de pór en marcha na Administración Pública. A campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da celebración do 17 de Maio, pretende concienciar o persoal e as administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á normalización lingüística.

A campaña vai dirixida ao persoal da Administración Pública, constará de carteis e do envío de cartas a toda a afiliación da Administración e aos directivos das diferentes áreas das institucións públicas, na que se recollen os dereitos e as obrigas a respecto do uso do galego na área pública.

Con motivo desta iniciativa, hoxe terá lugar no Hotel Congreso de Compostela unha xornada de carácter informativo e formativo na que participarán Pilar García Negro, Alba Nogueira, Carlos Callón, Manuel Bermúdez e Rafa Villar e que contará coa presenza do Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, durante a clausura.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio