A xornada está dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega para defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego.
Cada centro organiza a súa actividade de divulgación libremente, adaptándose á súa realidade e nivel educativo.
Nas vilas ou cidades grandes poden facerse actividades conxuntas entre varios centros nun mesmo lugar.
Na páxina web da CGENDL abriron un espazo para deixar constancia das actividades que se van levar a cabo, entre as que cómpre salientar “
Revoltallo de termos. A tecnoloxía en galego, do blogue Tecnoloxía.org, ou o III Concurso de Relatos “Ciencia que Conta”, da Universidade de Vigo.
Para máis información podes consultar o web da CGENDL.
A CGENDL convoca a Xornada pola Ciencia en Galego
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convoca a Xornada pola Ciencia en Galego, en que se convida a todos os centros educativos galegos a organizar o vindeiro 4 de novembro unha actividade conxunta entre os departamentos das áreas científico-tecnolóxicas e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega