A exposición Historia de Galicia. A Nosa Historia, obra do ilustrador Pepe Carreiro, de A Nosa Terra, estará desde o día 5 até o día 16 de abril no Anexo ao Polideportivo de Baio, no concello de Zas.
Con este motivo, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Zas organiza unhas Xornadas sobre a Historia de Galicia, ademais de visitas á exposición por parte do alumnado dos centros de ensino do municipio.
Nestas xornadas, o 6 de abril, no CIP de Zas, Pepe B. Alborés falará sobre “A historia do concello de Zas a través dos seus nomes”. O 9 de abril, ás 20.00 h, no Anexo ao Polideportivo de Baio, terá lugar unha conferencia sobre “O patrimonio cultural galego, o estado da cuestión”, por parte de Felipe Senén. O 12 de abril, no IES Maximino Romero Lema, terá lugar unha conferencia de Bieito Alonso sobre “A nosa historia”. E, finalmente, o 14 de abril, no CEIP Labarta Pose, Evaristo Domínguez Rial fará unha “Aproximación histórica ao Concello de Zas”.
Calendario completo da exposición Historia de Galicia. A Nosa Historia
TEO
Datas: segunda quincena de marzo
Lugares: Sala de exposicións do local de ensaio. A Igrexa-Calo / CEIP A Ramallosa / CEIP Os Tilos / CEIP da Igrexa-Calo / IES de Cacheiras
ZAS
Datas: do 5 ao 16 de abril
Lugar: Anexo ao polideportivo de Baio
BOIRO
Datas: segunda quincena de abril
Lugar: Casa da Cultura Ramón Martínez López
MELIDE
Datas: primeira quincena de maio
Lugar: Multiusos, Sala de Exposicións, a carón da biblioteca e o conservatorio
A CORUÑA
Datas: segunda quincena de maio
Lugar: por determinar
FERROL
Datas: primeira quincena de xuño
Lugar: Centro Cultural Ricardo Carvalho Calero, en horario de luns a venres, de 10.30 h a 13.30 h e de 17.00 h a 21.00 h
Esta actividade está promovida pola Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, en colaboración cos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos nos que estará a exposición.
A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña achega A Nosa Historia a varios concellos da provincia
A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña leva a exposición A Nosa Historia aos concellos de Teo, Zas, Boiro, Melide, A Coruña e Ferrol. A actividade comezou en marzo en Teo, e rematará en xuño en Ferrol