LINGUA
O talento galego concentrado no mesmo espazo durante dous días. Festigal 2010
Concertos de noite e de día, presentacións e venda de libros, feira de artesanía, feira de asociacións, mercado de creatividade galega, presentacións de proxectos, debates, proxeccións de curtametraxes, etc. E todo, co galego como nexo de unión, como punto común, como razón de ser. O sábado 24 e o domingo 25 de xullo o talento galego concéntrase no Festigal, en Santiago de Compostela
Xa está dispoñíbel a interface en galego do Windows 7
O Colexio de Avogados de Santiago é recoñecido polo seu labor a prol da lingua
CONVOCATORIAS
O SNL da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a SXPL, convoca o VII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego. O prazo de presentación remata o 15 de novembro
Convócase o Premio Vía Galego para recoñecer a promoción das relacións coa lusofonía
Subvencións a asociacións para a promoción do galego en Vigo
Convocatoria de subvencións a empresas que realicen publicacións periódicas integramente en galego
AXENDA DA LINGUA
23 de xullo
Remata o prazo de inscrición nas Xornadas de formación de avaliadores/as Celga da SXPL
24 e 25 de xullo, en Santiago de Compostela
Festigal 2010. Talento galego
24 de xullo, no Festigal
Ás 19.00 h: Presentación de Toupa.net. Cultura para levar
Ás 19.15 h: Presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
Ás 20.00 h: Presentación de Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín
Ás 22.00 h: Presentación Estudos xurídicos sobre o Decreto do plurilingüismo, coordinado por Luís Villares
26 de xullo
Remata o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas nos lectorados de galego