[96] Novas CTNL (2/7/2010)

LINGUA Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en galego do SNL de Zas Un verán de lecer é […]
LINGUA

LINGUA

Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en galego do SNL de Zas

Un verán de lecer é o título da guía de produtos culturais que editou o SNL de Zas e que recolle recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de difudir a oferta existente en produtos culturais en galego

Ferrolconlingua.com. O proceso de normalización lingüística de Ferrol na rede

Ferrol con lingua é un novo web deseñado para difundir as accións de promoción da lingua galega que se desenvolven desde o Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol

FORMACIÓN E CONVOCATORIAS

FORMACIÓN E CONVOCATORIAS

Convocatoria de prazas en 14 lectorados de galego de Europa e América

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 14 prazas en lectorados de galego, 11 en países de Europa e tres en América. O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xullo

Seminario xurídico-lingüístico da Irmandade Xurídica Galega

No marco da súa III Asemblea Xeral, a Irmandade Xurídica Galega organiza un seminario para contribuír á formación teórica e práctica dos/as operadores/as xurídicos/as que desexen manexarse e desenvolver o seu traballo cotiá en galego. Terá lugar o venres 2 de xullo en Lugo

Xornadas da SXPL para profesorado de galego e avaliadores/as Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Cursos Internacionais da USC organizan unhas Xornadas de Formación de Profesorado de Galego e mais unhas Xornadas de Formación de Avaliadores/as Celga, que terán lugar entre xullo e agosto en Santiago de Compostela

VI Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua. Creatividade para a lingua

Publicada a listaxe de admisión e mais a listaxe de agarda. Prazo de entrega do xustificante de pagamento: até o 8 de xullo

AXENDA

AXENDA

2 de xullo, en Lugo

Seminario xurídico-lingüístico da Irmandade Xurídica Galega

Do 6 ao 16 de xullo

Comeza o prazo de inscrición nas Xornadas de Formación de Profesorado de Galego da SXPL

7 e 8 de xullo na Coruña

A Coruña, 1.º concello en que se empregou o galego oficialmente. Actos de homenaxe a Lois Peña Novo

8 de xullo

Remata o prazo de entrega do xustificante de pagamento do VI Curso de verán sobre dinamización lingüística

Do 13 ao 23 de xullo

Comeza o prazo de inscrición nas Xornadas de formación de avaliadores/as Celga da SXPL

14, 15 e 16 de xullo

VI Curso de verán sobre dinamización lingüística: Creatividade para a lingua. Carballo

15 de xullo

Remata o prazo de presentación dos Premios de innovación en dinamización lingüística da Consellería de Educación

15 de xullo, ás 22.00 h, en Carballo

Creatividade para a lingua: concerto de Sés

16 de xullo

Remata o prazo de inscrición nas Xornadas de Formación de Profesorado de Galego

Consulta aquí a Axenda da lingua completa >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio