LINGUA
En galego tamén se fai ciencia
A defensa do galego vai máis alá do emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe o seu uso cotián en todos os ámbitos, tamén nos espazos específicos de investigación. As tres universidades galegas inician a campaña “En galego tamén se fai ciencia”
A mellor escola, a casa. Campaña de normalización lingüística en Redondela
Co obxectivo principal de facer chegar ás familias a necesidade de coidar e transmitir a lingua galega, o SNL do Concello de Redondela e mais os ENDL dos centros de ensino da localidade poñen en marcha a campaña A mellor escola, a casa. Fálalle galego
MÁIS ALÁ
Feijóo, o galego e nós. Polifonía en artigos a prol da lingua
Laiovento publica Feijóo, o galego e nós, unha compilación de 68 artigos de análise sociolingüística publicados na prensa desde que o actual presidente da Xunta decidiu asumir as demandas dos colectivos galegófonos e até a actualidade. Consulta aquí o nome dos/as 43 autores/as que participan no libro
Textos gañadores do concurso Igualando a lingua do Concello de Cee
“Ecoloxía lingüística”, de Rocío Leira Castro, e “Xosé” e “Falar unha lingua”, de Felipe Domínguez Figueroa, foron os textos gañadores do concurso Igualando a lingua, que convocou o SNL do Concello de Cee. Publicamos aquí estes tres textos
CONVOCATORIAS
Contratación de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Monfero
O Concello de Monfero anuncia a contratación laboral temporal a media xornada dun técnico ou dunha técnica de normalización lingüística até finais de 2011.
O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 4 de xuño