[91] Novas CTNL (28/5/2010)

Lingua 79/2010: a pesar do rexeitamento xeral, o decreto do plurilingüismo xa está no DOG DOG 97. Martes 25 de […]
Lingua

Lingua

79/2010: a pesar do rexeitamento xeral, o decreto do plurilingüismo xa está no DOG

DOG 97. Martes 25 de maio de 2010. Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. A pesar do rexeitamento do Consello Escolar, do Consello Consultivo, da Real Academia Galega, do Consello da Cultura, das universidades, dos sindicatos que representan o 90% do profesorado, de asociacións e plataformas diversas, etc., o chamado “Decreto do Plurilingüismo” “entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG”

Marica Campo gaña o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

O VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010, dotado con 1.200 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A procura do tesouro», da escritora Marica Campo. Ao artigo «Por unha Galiza neofalante», de Marcos Abalde Covelo, foille outorgado un accésit

Blogaliza recibe o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadores

Blogaliza.org é a gañadora da primeira edición do premio Rosalía de Castro, convocado pola Deputación da Coruña, para recoñecer a persoas, empresas, asociacións e entidades que, co seu traballo, axudan a impulsar a presenza da lingua galega. O premio seralle entregado na III Festa da Lingua, que terá lugar o venres 28 de maio en Bertamiráns

Segunda fase da campaña Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Xurxo Souto, premio Leixaprén 2010 de promoción da lingua galega

Glósima e TiBoXe, novas ferramentas dentro do novo web de Trasno

O Concello de Burela, o Foro Avogados Lugo SCP e Ramón Lorenzo, premios Lois Peña Novo 2010 pola súa contribución á normalización lingüística

Máis alá e formación

Máis alá e formación

Do latín ao galego cordial ou ao acento de Burgos. A Historia da Lingua galega en banda deseñada para xente nova e madura

A historia da lingua galega contada en debuxos por Pepe Carreiro en tres versións: en libro para xente nova, en libro para xente madura e nunha exposición. A Nosa Terra publica Do latín ao galego cordial (versión para xente madura), Do latín ao galego de Burgos (versión para xente nova) e unha exposición

ANT Lingua. Espazo sobre dúbidas lingüísticas en A Nosa Terra Dixital

Curso de localización ao galego e ferramentas TAO na UVigo

Axenda da lingua

Axenda da lingua

Información completa da axenda, aquí >

28 de maio, ás 20.30 h

III Festa da lingua, en Bertamiráns, Ames

28 de maio

Remata o prazo para participar no concurso Lingua de Amor

28 de maio

Remata o prazo de inscrición no III Curso de verán na Coruña de lingua e cultura para estranxeiros/as

29 de maio

Exame de obtención do Celga 3

30 de maio

Exame de obtención do Celga 1

4 de xuño

Remata o prazo de presentación de traballos para o Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos da UdC

Información completa da axenda, aquí >

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio