![LINGUA LINGUA](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/93-a-1boletin88.jpg)
LINGUA
Palabras sobre xogos que comecen por C-: Catapalabras
Xa está na rede o Catapalabras, un xogo no que cada participante debe escribir palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar e que comecen por unha letra determinada. Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, que pretenden contribuír á galeguización dos espazos do lecer e do xogo que na actualidade sofren unha importante carencia
Promovendo a lingua como “factor de cohesión” da empresa. Nova xuntanza do Foro Peinador
Un novo encontro co empresario para animar a incorporar a lingua galega nos usos comerciais foi apadriñado esta fin de semana polo Foro Enrique Peinador. A iniciativa procura unha maior presenza do galego nas páxinas web, etiquetaxe, rotulación, publicidade, relación coas institucións públicas e provedores e nas relacións laborais
![CONVOCATORIAS CONVOCATORIAS](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/93-b-2boletin88.jpg)
CONVOCATORIAS
Mobilízate pola lingua. Nova edición do concurso de vídeos da Mesa de Lugo
A Mesa pola Normalización Lingüística da Zona de Lugo (MNL) convoca unha nova edición do concurso de vídeos sobre lingua Mobilízate pola lingua, co que se procura a reflexión da mocidade sobre a dificultade de vivirmos en galego. O prazo de admisión de traballos remata o día 13 de maio
III Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos da UdC
A Universidade da Coruña convoca o III Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos, certame dirixido a todo o estudantado da UdC co obxectivo de contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega en contextos científicotécnicos. O prazo de presentación de traballos está aberto até o 4 de xuño
![AXENDA AXENDA](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/93-c-3boletin88.jpg)
AXENDA
Información completa da axenda, aquí >
4 de maio
Terceira sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política: Medios de comunicación e ámbito socioeconómico
4 de maio
Correlingua en Ourense
4 de maio
Remata o prazo de presentación de propostas para o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras
5 de maio
Correlingua na Mariña e na Ribeira Sacra
6 de maio
Correlingua no Baixo Miño e na Estrada
7 de maio
Correlingua en Ferrolterra
8 de maio
Remata o prazo de solicitude das subvencións para contidos interactivos en galego
8 de maio
Presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón. Ás 19.00 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela