[87] Novas CTNL (28/4/2010)

Lingua Galego: a forza do noso amor. Comeza o Correlingua 2010 Entre o 3 e o 14 de maio, arredor […]
Lingua

Lingua

Galego: a forza do noso amor. Comeza o Correlingua 2010

Entre o 3 e o 14 de maio, arredor de 45.000 rapazas e rapaces percorrerán as rúas de 14 vilas e cidades galegas na carreira lúdico educativa Correlingua. Logo de todas as actividades e concursos previos, chega a carreira final, con máis actividades, animación e actuacións de grupos como Chévere, Machina, García MC, Fantoches Baj ou Pinto de Herbón e Luís O Caruncho

A imposición do galego, mito ou realidade? Mesa redonda na Feira do Libro de Santiago

En castellano no hay problema, libro de compilación de artigos de Carlos Callón

Máis de 300 estudantes coñecerán a fala nos Tres Lugaris

Meu! Coñecéndonos, descubríndonos, en Vigo

Un mar de viñetas. Para potenciar o galego dun xeito atractivo en Vigo

Concurso de relatos breves do SNL do Concello de Oroso

Concurso de redacción do SNL do Concello de Betanzos

Terceira edición do programa “O galego medra contigo”

Publícase o Manual básico de documentación administrativa e xurídica

Dúas novas publicacións para fomentar a normalización do galego no ámbito laboral

O Instituto Galego de Estatística presentou a Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 con datos sobre o uso e coñecemento do galego

Convocatorias e formación

Convocatorias e formación

A situación do galego nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico, a debate no Consello da Cultura

O vindeiro martes 4 de maio de 2010 terá lugar a terceira sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, que xirará arredor da situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico. As persoas que desexen participar poden inscribirse

Convocatoria de subvencións para a creación e mantemento de servizos lingüísticos nos concellos galegos e para actividades de dinamización lingüística

Convocatoria de axudas para a escrita de guións, realización de curtas en soporte dixital e de curtas experimentais en galego

Convocatoria de subvencións do Concello da Coruña a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega

Convocatoria de premios ao desenvolvemento de novos contidos para a internet en galego

Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega

CTNL

CTNL

Informe sobre o traballo da CTNL no grupo de traballo para a creación da Rede de Dinamización Lingüística

A SXPL convidou a CTNL a participar nun grupo de traballo para a constitución dunha Rede de Dinamización Lingüística. O grupo sería o encargado de facerlle á SXPL unha proposta sobre os criterios, obxectivos, funcións e estrutura desa futura Rede, comezando pola reformulación das subvencións para a normalización lingüística na administración local. Publicamos aquí un informe sobre o traballo desenvolvido pola CTNL nese grupo

AXENDA

Do 20 ao 29 de abril

V Seminario de dinamización lingüística no ensino (A Coruña, Lugo e Vigo)

29 de abril

Sesión informativa da SXPL sobre a convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción da lingua galega

1 de maio

A imposición do galego, mito ou realidade? Mesa redonda, ás 19.00 h na Feira do Libro de Santiago

3 de maio

Correlingua en Santiago de Compostela

3 de maio

Remata o prazo de presentación do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010

4 de maio

Remata o prazo de presentación de propostas para o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras

4 de maio

Terceira sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política: Medios de comunicación e ámbito socioeconómico

4 de maio

Correlingua en Ourense

5 de maio

Correlingua na Mariña e na Ribeira Sacra

6 de maio

Correlingua no Baixo Miño e na Estrada

7 de maio

Correlingua en Ferrolterra

8 de maio

Remata o prazo de solicitude das subvencións para contidos interactivos en galego

8 de maio

Presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón. Ás 19.00 h na Feira do Libro de Santiago

Información completa da axenda, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio