[85] Novas CTNL (15/4/2010)

NOVAS DE LINGUA E CONVOCATORIAS A Deputación da Coruña convoca o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras Co […]
NOVAS DE LINGUA E CONVOCATORIAS

NOVAS DE LINGUA E CONVOCATORIAS

A Deputación da Coruña convoca o I Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras

Co obxectivo de recoñecer o labor dunha persoa, empresa, asociación ou entidade que, neste ano, destacase polo seu traballo na promoción e normalización da lingua galega, a Deputación da Coruña convoca o I Premio Rosalía de Castro de Lingua. O prazo para presentar propostas remata o 4 de maio [+]

IV edición do concurso Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico. O prazo remata o 28 de maio [+]

Ames retoma a campaña de promoción lingüística no comercio “Calidade en galego”

Despois da boa acollida, con máis de 200 estabelecementos formalmente adheridos, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames reabre a iniciativa “Calidade en galego”, campaña de promoción e galeguización do comercio amiense posta en marcha o pasado ano [+]

O SNL de Narón conmemora as Letras e o Día de Internet cun concurso de redacción a través da rede

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón convoca o I Concurso de redacción “A través das palabras…. Uxío Novoneyra”, co motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, ambos os dous coincidentes no 17 de maio [+]

Convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Miño

O Concello de Miño convoca unha praza laboral temporal de interinidade de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar solicitudes é de catro días hábiles que contará a partir do día seguinte ao se publicar a convocatoria nun xornal comarcal (La Opinión da Coruña do 11 de abril de 2010) [+]

AXENDA

Do 15 ao 17 de abril

XXVIII Congreso internacional de lingüística aplicada. Vigo

15 de abril

Remata o prazo de presentación para a praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Miño

16 de abril

Remata o prazo de inscrición no X Concurso de relato oral Tíralle da lingua

17 de abril

Macrofestival Queremos Galego! 15 grupos tocando xuntos pola lingua en Pontevedra

Do 20 ao 29 de abril

V Seminario de dinamización lingüística no ensino (A Coruña, Lugo e Vigo)

Do 21 ao 23 de abril

III Xornadas lingua, literatura e nación, na Coruña

26 de abril

Remata o prazo de solicitude para as bolsas do CCG

Información completa da axenda, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio