[84] Novas CTNL (9/4/2010)

LINGUA O Consello Escolar de Galicia rexeita a totalidade do proxecto de decreto do plurilingüismo Na xuntaza que tivo lugar […]
LINGUA

LINGUA

O Consello Escolar de Galicia rexeita a totalidade do proxecto de decreto do plurilingüismo

Na xuntaza que tivo lugar o mércores 7 de abril, o Consello Escolar de Galicia, máximo órgano representativo e consultivo da educación galega, rexeitou a totalidade do proxecto de decreto de plurilingüismo no ensino presentado pola Xunta

Tes dereitos lingüísticos. Exérceos! Campaña nos concellos da Coruña

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa, puxo en marcha a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos, co obxectivo de potenciar o uso do galego na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos. A campaña inclúe materiais informativos e accións formativas

Múltiples actividades do SNL de Pontevedra en abril

Promoción da lingua entre os/as peregrinos/as que pasan por Redondela

O SNL da Coruña organiza a exposición “Castelao e Nós”

CONVOCATORIAS

CONVOCATORIAS

Convocado o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010

O SNL de Carballo, e en colaboración con once medios de comunicación, convoca o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores, co obxectivo principal de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega. O prazo de presentación de artigos remata o 3 de maio

Igualando a lingua. Concurso do Concello de Cee para axudar a comprender o significado de normalización lingüística

As reflexións que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega teñen premio en Cee. O seu SNL convoca o concurso “Igualando a lingua”, dirixido a maiores de 18 anos. O prazo de presentación remata o 10 de maio

Apoio á produción de contidos interactivos en galego

Resolución das axudas aos ENDL dos centros de ensino públicos

AXENDA

8, 9 e 10 de abril

I Jornadas de cultura, língua e ensino, organizadas pola Agal na Coruña

9 e 10 de abril

XX Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG. Santiago de Compostela

10 de abril

Remata o prazo de presentación de temas para o concurso Cantalingua!

12 de abril

Remata o prazo de inscrición no V Seminario de dinamización lingüística no ensino na Coruña, Lugo e Vigo

Do 15 ao 17 de abril

XXVIII Congreso internacional de lingüística aplicada. Vigo

16 de abril

Remata o prazo de inscrición no X Concurso de relato oral Tíralle da lingua

17 de abril

Macrofestival Queremos Galego! 15 grupos tocando xuntos pola lingua en Pontevedra

Información completa da axenda, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio