LINGUA
Eroski recibe o II Premio á promoción da realidade plurilingüe
A cadea vasca de supermercados Eroski acaba de recibir o galardón que recoñece os esforzos por empregar as linguas cooficiais no estado. Este premio está promovido polos gobernos galego, vasco, catalán e balear [+]
Novo obxectivo da CiberIrmandade da Fala: Ikea
A coñecida compañía sueca de mobles Ikea vai abrir proximamente a súa primeira tenda en Galiza, que estará situada na Coruña. Deste xeito, desde a CiberIrmandade da Fala convidan a enviarlle unha solicitude para que teñan en conta o galego no seu web, nas súas instalacións e na súa relación coa clientela
FORMACIÓN E CONVOCATORIAS
Seminario de dinamización lingüística no ensino (A Coruña, Lugo e Vigo)
A SXPL organiza o V Seminario de dinamización lingüística no ensino, dirixido ao profesorado dos ENDL, e nesta edición centrado no aproveitamento dos recursos tecnolóxicos. O seminario terá lugar na Coruña, Lugo e Vigo entre o 20 e o 29 de abril, e a data de inscrición remata o día 12 de abril [+]
III Xornadas lingua, literatura e nación, en abril na Coruña
Luís Tosar, Susana Seivane, Fernando Vázquez, Pilar Neira, Bautista Álvarez, Xurxo Souto, Tareixa Navaza, Tonhito de Poi ou O Leo i Arremecághona, entre outras e outros, participarán nas III Xornadas lingua, literatura e nación, que organizan os Comités en colaboración coa UdC e que terán lugar os días 21, 22 e 23 de abril na Coruña
O Consello da Cultura convoca tres bolsas de colaboración para proxectos lingüísticos
O Consello da Cultura Galega (CCG) convoca unha bolsa de colaboración co Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e dúas coa Área de Publicacións, as tres dirixidas a persoas licenciadas en Filoloxía Galega. O prazo de presentación de solicitudes está aberto até o 26 de abril
Convocatoria de subvencións para curtametraxes e videoclips en galego
Ouff Escola 2010. Certame para impulsar a creación audiovisual en galego
O SNL do Concello de Ames convoca o seu VII certame literario
AXENDA
8, 9 e 10 de abril
I Jornadas de cultura, língua e ensino, organizadas pola Agal na Coruña
9 e 10 de abril
XX Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG. Santiago de Compostela
10 de abril
Remata o prazo de presentación de temas para o concurso Cantalingua!