LINGUA
Macrofestival Queremos Galego! O 17 de abril 15 grupos tocando xuntos pola lingua en Pontevedra
Berrogüeto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Uxía, Lamatumbá…, e moitos máis, tocando a prol da lingua! 15 grupos que amosan o seu compromiso co galego e o seu apoio ás reivindicacións da plataforma cidadá Queremos Galego.
O 17 de abril, a partir das 19.30 h, no Recinto Feiral de Pontevedra
Para animar en galego, sen escusas nin atrancos
“Rinse de min se falo en galego”, “exprésome mellor en castelán”, “non me gusta o galego”, “na normativa do galego hai continuos cambios”… Diversas persoas contestan a estes argumentos dados por monitores/as de campamentos urbanos de tempo libre no caderno Para animar en galego, sen escusas nin atrancos, publicado pola Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer de Ourense
A Coruña Son 2010. Un ano máis, fomentando a creación musical en galego
Lingua e futuro, propostas para preservar o galego como lingua propia
Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río, agora tamén en libro
FORMACIÓN
XX Xornadas de Lingua e Literatura, da AS-PG e CIG-Ensino
As Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e pola CIG-Ensino, chegan neste 2010 á súa XX edición. Terán lugar en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de abril e o prazo de inscrición abrirase o 26 de marzo
Agal e UdC organizan en abril as I Jornadas de cultura, língua e ensino
A Associaçom Galega da Língua (Agal), en colaboración coa Universidade da Coruña (UdC), organiza as I Jornadas de cultura, língua e ensino, que terán lugar na Facultade de Ciencias de Educación da Coruña os días 8, 9 e 10 de abril de 2010. O prazo de inscrición está aberto até o 26 de marzo
AXENDA
24 de marzo: Presentación do libro Lingua e futuro en Santiago de Compostela [+]
-Lugar: Libraría Couceiro. Praza de Cervantes. Santiago de Compostela
-Hora: 20.00 h
25 de marzo: Remata o prazo de matrícula para os exames Celga da convocatoria de maio [+]
26 de marzo: Comezo do prazo de matrícula nas XX Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG en Santiago de Compostela [+]
26 de marzo: Remata o prazo de matrícula nas I Jornadas de cultura, língua e ensino na Coruña [+]