Liñas de acción
Na Asemblea decidiuse por unanimidade seguir avanzando nas tres principais liñas de traballo da CTNL: defender os intereses xerais dos/as traballadores/as de normalización lingüística, promover a formación continua no eido da normalización e procurar unha maior e mellor implicación de todas as administracións públicas no proceso normalizador.
Procurar que se impulse o proceso de normalización desde todas as administracións públicas, formación e procura de maior e mellor coordinación, principais liñas de traballo da CTNL para o próximo exercicio
Xunta Directiva da CTNL
Despois duns anos de traballo pola asociación, abandonaron o equipo directivo por razóns persoais Xusto Rodríguez, Nuria Seoane e Roberto Rielo.
Na Asemblea Xeral elixiuse por unanimidade a nova Xunta Directiva da asociación para os dous vindeiros anos, na que Nel Vidal continúa como presidente, Rosa Moreiras pasa a ser a nova secretaria e Anxos Sobriño continúa como tesoureira. Como vogais continúan Iván Méndez, Concha Diéguez e Dores Sánchez, e incorpóranse Anxo Otero, Pepe B. Alborés e Isabel Vaquero.
Máis información sobre a Asemblea
Podes consultar máis información nesta nova no web da CTNL e podes tamén consultar a fotogalería da Asemblea.