Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras en Santiago de Compostela
O Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan a 23º edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que terán lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 30 de xullo de 2010
Xa están accesíbeis no web do Consello da Cultura Galega as gravacións dos relatorios presentados nas Xornadas de análise sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que tiveron lugar os pasados días 22 e 23 de febreiro de 2010
O martes 16 terá lugar a segunda sesión do seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia
O vindeiro martes 16 de marzo de 2010 terá lugar a segunda sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, que xirará arredor dos modelos posíbeis de oficialidade e mais da regulación lingüística no sistema educativo
O Concello de Muros, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca para o ano 2010 axudas a empresas para fomentar a utilización da lingua galega na rotulación permanente dos estabelecementos comerciais. O prazo de solicitude será dun mes a partir da publicación da convocatoria no BOP
CTNL
Asemblea Xeral da CTNL 2010. O venres 12 de marzo en Santiago de Compostela
O venres 12 de marzo terá lugar no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela, a partir das 17.30 h, a Asemblea Xeral da CTNL. As socias e os socios da CTNL poden descargar xa a través da área restrinxida do web toda a documentación necesaria para a Asemblea [+]