[78] Últimas novas (22/2/2010)

Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas…, orgullos@s do galego ao 100% A Coordinadora Galega de ENDL presenta a campaña “Orgullos@s […]

Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas…, orgullos@s do galego ao 100%

A Coordinadora Galega de ENDL presenta a campaña “Orgullos@s do noso. Orgullos@s do galego” co obxectivo de transmitirlle ao conxunto da sociedade galega un sentimento que debería ser común a tod@s, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva. A campaña conta coa colaboración de caras tan coñecidas como as de Luís Tosar, Antón Reixa, Belén Regueira, Martiño Rivas, Susana Seivane, Carlos Ares, María Castro ou Isabel Risco

Namórate da lingua!

As rapazas e os rapaces de 14 e 15 anos de Santiago de Compostela atoparon enriba dos seus pupitres un convite para unha cita a cegas, co lema “Ven e namórate da lingua!”. Esta campaña de promoción do galego do Concello de Santiago aproveitou a data do 14 de febreiro para promover a afectividades dos/as escolares coa lingua galega

A xanela. Falando, abrimos unha ventá ao mundo. Documental sobre o galego ante os ollos e oídos dunha rapaza rusa

Daria Shornikova, unha rapaza rusa que pasou parte do verán de 2009 en Compostela aprendendo galego, acaba de publicar na rede o documental “A xanela”, o seu filme-impresión, un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou aquí e que agora dá a coñecer para dicir que “falando, abrimos unha ventá ao novo mundo”

O Parlamento pide por unanimidade que todos os cargos da Xunta usen publicamente o galego

O Parlamento galego aprobou por unanimidade o 18 de febreiro unha resolución na que instan á Xunta a que, en cumprimento da legalidade vixente, poña en coñecemento dos seus cargos públicos a necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito, da lingua galega no desempeño das súas funcións

Queremos Galego rexistra no Parlamento unha Iniciativa lexislativa popular (ILP) para que se garantan por lei os dereitos lingüísticos e a promoción do galego na administración e no ensino

A plataforma cidadá Queremos Galego presentou unha Iniciativa lexislativa popular (ILP), coa intención de que se debata e aprobe no Parlamento galego. A iniciativa pretende garantir por lei os dereitos lingüísticos dos/as galegofalantes na súas relacións coas administracións públicas e no ensino, desenvolvendo o consenso estabelecido na Lei de normalización lingüística e no Plan xeral de normalización da lingua galega

X Concurso de relato oral Tíralle da lingua

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. A inscrición no concurso está aberta até o 16 de abril e a fase final terá lugar o día 28 de abril en Santiago de Compostela

Convocatoria de probas en 2010 para a obtención dos Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüístia publica no DOG do 8 de febreiro de 2010 a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2010. As probas en Galiza terán lugar en maio e novembro, en América en outubro e no Estado español e Europa en novembro

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio