Hoxe, multipresentación de 55 mentiras sobre a lingua galega, da plataforma Prolingua
Hoxe, venres 5 de febreiro, terá lugar en arredor de 70 vilas e cidades galegas e do resto do mundo a multipresentación simultánea do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, editado pola plataforma ProLingua e coordinado por Xosé Henrique Costas. Podes consultar aquí a listaxe de lugares, horas e participantes nas presentacións [+]
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, erróneas ou perversas sobre a normalización lingüística e o idioma galego
Cantalingua! Concurso musical para temas en galego
Para apoiar a música en galego e contribuír á súa difusión, as entidades organizadores do Correlingua e o portal de música galega Komunikando convocan o concurso Cantalingua, para o que os grupos ou solistas poden presentar, até o 10 de abril, temas en galego. O premio, 11 concertos remunerados durante o Correlingua 2010 [+]
Outras novas
O galego presente na Expolangues 2010 de París
Do 3 ao 6 de febreiro o galego está presente na feira internacional Expolangues 2010 que ten lugar en París, unha feira internacional na que participan máis de 80 linguas e coa que se procura promover o estudo de idiomas, favorecer o multilingüismo e desenvolver a comunicación internacional [+]