Ditame do Consello da Cultura Galega sobre as “Bases para o decreto do plurilingüismo”
O Plenario do Consello da Cultura Galega (CCG) aprobou o 1 de febreiro o seu ditame sobre as “Bases para o decreto do plurilingüismo”, un documento de 25 páxinas no que se conclúe que “en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan un paso atrás no proceso de normalización”, que o discurso sobre o idioma debe deixar de formularse “en termos de problema” e que debe cumprirse o consensuado no PXNLG [+]
Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas. Xornada de integración lingüística en Vigo
As concellarías de Normalización Lingüística e Benestar Social do Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), organizan as primeiras xornadas “Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas”, dentro do programa “En galego tamén noutros mundos”. As xornadas terán lugar os días 2, 9 e 23 de febreiro e 2 de marzo de 2010 [+]
A asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega acaba de publicar “25 anos na defensa do idioma”, un libro conmemorativo do seu aniversario que recolle, entre outros, un artigo de Valentín García, no que insiste na proposta da CTNL para a constitución dun Consorcio de Planificación Lingüística [+]
Lingua de calidade, novo libro de Xosé Ramón Freixeiro Mato sobre a calidade lingüística
A editorial Xerais acaba de publicar “Lingua de calidade”, un libro do profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato no que pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade [+]