[75] Últimas novas (27/1/2010)

LINGUA EuFalo.tv, novidosos documental colaborativo na rede sobre a lingua e os/as falantes Un novo espazo acaba de aparecer na […]
LINGUA

LINGUA

EuFalo.tv, novidosos documental colaborativo na rede sobre a lingua e os/as falantes

Un novo espazo acaba de aparecer na rede, Eufalo.TV, un proxecto de documental colaborativo sobre a lingua, dende o punto de vista dos/as falantes

55 mentiras sobre a lingua galega, primeira publicación da plataforma ProLingua

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará a súa primeira publicación o próximo venres 5 de febreiro simultaneamente en 55 cidades e vilas galegas e do resto do mundo

Xosé Luís Méndez Ferrín, novo presidente da Real Academia Galega

O Plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido en sesión extraordinaria o sábado 23 de xaneiro de 2010 na Coruña, elixiu nova Xunta de Goberno, e o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín é o novo presidente da entidade

A nosa compra en galego, nova campaña do SNL do Concello da Coruña

O SNL do Concello da Coruña lanza esta campaña que pretende promover entre os/as usuarios/as e os/as comerciantes dos mercados o uso da lingua galega

Un informe elaborado por un grupo de 60 xuíces e xuízas, avogados/as e expertos/as en dereito, conclúe que as bases do decreto da Xunta transgriden o marco legal vixente

Un grupo de máis de 60 xuristas, entre os que hai xuíces e xuízas, decanos de colexios de avogados/as, catedráticos/as e profesores/as de dereito, fiscais, etc., elaborou unha análise xurídica das “Bases para o decreto do plurilingüismo”, nas que se conclúe, entre outras cousas, que “os dereitos fundamentais non se poden someter a votación” ou que a proposta “transgride o cadro legal”

FORMACIÓN E CONVOCATORIAS

FORMACIÓN E CONVOCATORIAS

Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

A CTNL convoca este curso de formación, que terá lugar os días 18, 19 e 26 de febreiro de 2010 en Santiago de Compostela

Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unhas Xornadas de análise da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que terán lugar na sede da institución en Santiago de Compostela os días 22 e 23 de febreiro

Modificación da convocatoria dos cursos Celga para 2010

Despois da reclamación feita pola CTNL, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica no DOG unha corrección de erros da convocatoria dos cursos Celga para 2010 que lle afecta aos prazos estabelecidos

Convocatoria de catro bolsas de iniciación á colaboración coa Área de Normalización Lingüística da UVigo

O prazo para presentar solicitudes remata o 5 de febreiro

Listaxe de profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística

A SXPL publica a listaxe provisional de profesorado colaborador para cursos de lingua galega durante 2010. O prazo de alegacións remata o xoves 4 de febreiro

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio