[74] Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca un novo curso de formación, que terá lugar os días 18, 19 e 26 de febreiro de 2010 en Santiago de Compostela. Trátase da segunda edición do Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística
OBXECTIVOS E CONTIDOS

OBXECTIVOS E CONTIDOS

Descarga aquí a información completa do curso en .pdf [109 KB]

OBXECTIVOS

Potenciar a utilización dos blogs, da rede e das ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística.

CONTIDOS

Os blogs como ferramenta para a normalización lingüística. Manexo dos principais sistemas de xestión de blogs. Integración de contidos. Redes sociais. Sindicación.

DATAS, HORARIOS E LUGAR

Datas e horarios

-Xoves 18 de febreiro, de 17.00 h a 21.00 h

-Venres 19 de febreiro, de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h

-Venres 26 de febreiro, de 17.00 h a 21.00 h

Lugar

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse a través do formulario habilitado no web da CTNL até o 4 de febreiro (e debe terse acceso á conta de correo electrónico para poder facer a validación automática)

Calendario:

-Prazo de solicitude de participación no curso: até o 4 de febreiro

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 5 de febreiro

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: até o 12 de febreiro

-Datas do curso: 18, 19 e 26 de febreiro de 2010

Cota de inscrición

-Socias/os da CTNL: 30 euros

-Estudantes, bolseiros/as e parados/as (non socias/os): 40 euros

-Non socios/as da CTNL: 100 euros

INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O CURSO

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio