![Convocatorias e formación Convocatorias e formación](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/76-a-1boletin71.jpg)
Convocatorias e formación
Convocatoria de cursos Celga para 2010
Ábrese o prazo para a solicitude de realización de cursos preparatorios en 2010 para a obtención dos Celga, tanto por parte de colectivos como por parte de persoas particulares. A Secretaría Xeral de Política Lingüística non ten en conta ningunha das propostas de mellora realizada pola CTNL e a convocatoria presenta numerosos problemas [+]
Convocatoria de axudas para os ENDL dos centros de ensino públicos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no DOG do 11 de xaneiro a Resolución pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2009-2010 [+]
Convocadas catro bolsas de investigación no Centro Ramón Piñeiro
Cursos de linguaxe administrativa galega para persoal da Xunta
![Lingua Lingua](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/76-b-2boletin71.jpg)
Lingua
A Real Academia Galega, que presentará o seu informe esta mesma semana ou a principios da próxima, xa adiantou o “total rexeitamento” ao borrador presentado polo goberno. O Consello da Cultura Galega fíxase como data para o seu informe a primeira semana de febreiro [+]
Paremos o decretazo contra o galego
21 de xaneiro. Folga xeral no Ensino
A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o xoves 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego no ensino. O mesmo día haberá unha manifestación nacional contra o borrador de decreto en Santigo de Compostela, que partirá ás 11.30 h desde a Alameda [+]
![Máis alá Máis alá](https://www.ctnl.gal/wp-content/uploads/migra/bol/76-c-3boletin71.jpg)
Máis alá
Despois da aprobación unilateral por parte da Xunta das que chamou “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, coas que pretenden derrogar o Decreto de uso e promoción do galego no sistema educativo, son moitas as análises individuais e colectivas, artigos de opinión e posicionamentos de entidades que se foron publicando até o momento. Facilitamos aquí unha compilación deses posicionamentos, artigos e análises, que supoñen a oposición practicamente unánime ao proxecto da Xunta dos sectores da educación, da lingua e da cultura [+]
As intervencións do simposio Ecolingua 2009, agora en vídeo
Están dispoñíbeis en vídeo a través da rede as diferentes intervencións do I Simposio Internacional Ecolingua 2009, que tivo lugar en Vigo os días 17, 18 e 19 de decembro de 2009, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) [+]