[66] Revisar a corrección. Colección Documentos CTNL 1

A CTNL inicia unha colección de documentos electrónicos de apoio, análise e proposta co obxectivo de facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística. A colección iníciase con «Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística», de Manuel Bermúdez Blanco.
Revisar a corrección, para un asesoramento lingüístico eficiente

Revisar a corrección, para un asesoramento lingüístico eficiente

Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega. Esta formulación baséaa o autor en dous piares: equilibrar os esforzos que os SNL lle dedican á corrección de textos e que a propia tarefa da corrección non quede na simple reparación de erros, senón que persiga a formación dos/as produtores/as dos textos.

Para isto, analízase a corrección de textos nun SNL, a corrección procesal, os límites, a xestión, as técnicas, a didáctica e o aspecto da corrección e chégase a unha serie de conclusións finais. E todas estas análises e propostas son froito da experiencia práctica do traballo durante anos do autor nos labores de asesoramento dun SNL universitario.

Coa edición deste documento a CTNL pretende facer máis eficiente o traballo de cara ao incremento do uso e do prestixio da lingua galega desde os servizos de normalización lingüística.

Descarga aquí o documento completo en .pdf [1,39 MB]

A colección Documentos CTNL

Documentos CTNL é unha colección de documentos electrónicos que nace co obxectivo de elaborar, compilar e difundir materiais de referencia para o apoio, análise e proposta sobre o traballo en normalización lingüística.

Todos os documentos se publicarán no sitio web da CTNL en formato .pdf, e están editados nun formato sinxelo e axeitado tanto para seren lidos e consultados en pantalla como para seren impresos en tamaño folio. Os arquivos compilaranse no apartado «Colección Documentos CTNL» de «O Andel da CTNL». A edición dos materiais non terá unha periodicidade concreta, mais a pretensión é editar un ou dous documentos por ano.

O obxectivo da colección é a formación e proposta para facer máis eficiente o traballo de cara ao incremento do uso e do prestixio da lingua galega, e ante as insuficiencias de formación especializada e de materiais técnicos, a colección supón cubrir unha carencia e unha demanda do sector.

Para a edición dos materiais a CTNL conta coa axuda económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, enmarcada no convenio de colaboración anual entre as dúas entidades.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio