[61] Domingo 18 de outubro. QUEREMOS GALEGO!

Benquerida/o amiga/o, Como saberás, este domingo 18 de outubro ás 12.00 h terá lugar en Santiago de Compostela unha moi importante manifestación en defensa da lingua convocada pola plataforma QUEREMOS GALEGO, da que forma parte a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Desde a CTNL consideramos que esta é unha cita moi importante na que a cidadanía ten que demostrar que quere galego, polo que facemos un chamamento á participación activa nesta manifestación. Agardamos, pois, poder contar contigo nesa tan importante cita. Un cordial saúdo, Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
A manifestación do 18 de outubro en defensa da lingua

A manifestación do 18 de outubro en defensa da lingua

A manifestación está convocada pola plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, formada por varios centos de organizacións sociais e por miles de persoas de todo o país e está apoiada por moitas outras entidades, como asociacións de todo tipo, concellos, centros de ensino, organizacións políticas, sindicatos, etc.

DÍA: Domingo 18 de outubro

HORA: 12.00 h

LUGAR: desde a Alameda de Santiago de Compostela

AUTOBUSES PARA ASISTIR Á MANIFESTACIÓN

Desde diversos puntos do país partirán autobuses para participar na manifestación en Santiago de Compostela. Podes consultar a listaxe de autobuses, así como os datos de contacto, na seguinte ligazón.

ACTIVIDADES VARIADAS

Ao longo deste días haberá diversas actividades de animación e difusión. Podes consultar as actividades, lugares, datas e horarios aquí.

A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

Ante as diversas medidas e anuncios encamiñados á desprotección oficial do galego e a dar graves pasos atrás no proceso de normalización da lingua galega por parte do goberno da Xunta, constituíuse recentemente a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, que nace coa pretensión de unir as persoas e entidades de todos os ámbitos que compartan os seguintes principios básicos:

  • A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala.
  • A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito.
  • Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificada por unanimidade polo Congreso español en 2001.

Nestes momentos forman xa parte da plataforma máis de 500 entidades, entre as que hai asociacións de todo tipo (culturais, educativas, xuvenís, ambientais, de veciñas/os, de nais e pais, de músicas/os, de escritoras/es, etc.), organizacións políticas, sindicatos, entidades públicas, etc. Tamén forman a plataforma arredor de 3.000 persoas a nivel individual.

As accións, actividades, iniciativas, etc., que desenvolva a plataforma QUEREMOS GALEGO serán as que democraticamente se decidan no seu plenario, sempre de acordo cos seus principios básicos e coas súas normas mínimas de funcionamento.

Inicialmente xa hai dúas accións previstas a nivel galego:

  • Manifestación en defensa da lingua galega: 18 de outubro, ás 12.00 h, en Santiago de Compostela.
  • Iniciativa lexislativa popular para levar ao Parlamento Galego a voz da cidadanía en defensa da lingua galega.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio