
Novas, convocatorias, formación…
Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Vigo
PRAZO: 14 de outubro [+info]
I Xeira de normalización lingüística. Martes 13 de outubro en Vigo [+info]
Recursos para a lingua. Un proxecto do SNL do Concello de Cerceda para difundir entre o persoal [+info]
Crónicas da represión lingüística, exposición e ciclo de conferencias na Coruña [+info]
I Xornada Dobraxe e Idioma [+info]
VI Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras [+info]
A cidadanía ten que actuar en defensa da lingua. Entrevista a Nel Vidal en ANT [+info]

III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña
O prazo de inscrición para participar no III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña remata o xoves 15 de outubro.
A información completa sobre este encontro que terá lugar o mércores 21 de outubro no Pazo de Mariñán (Bergondo) pode consultarse aquí.

Queremos Galego!
A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, da que forma parte a CTNL, convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro a partir das 12.00 h en Santiago de Compostela.
Xa está dispoñíbel toda a información sobre a plataforma a través do sitio web www.queremosgalego.org, desde onde se poden facer as adhesións tanto colectivas como individuais, consultar o texto da iniciativa lexislativa popular (ILP), coñecer as actividades en distintas comarcas, ver imaxes, vídeos, novas, etc.