Esta semana ten lugar en Carballo o curso de verán no que se analizarán o compromiso e os argumentos para a defensa e promoción da lingua galega
O V Curso de verán sobre dinamización lingüística «Traballando en lingua» ten lugar no Pazo da Cultura de Carballo do mércores 15 ao venres 17 de xullo. Algunhas das sesións do curso serán abertas a todo o público interesado en asistir, como a do sociolingüista Miquel Strubell, a do xuíz Luís Villares e a da profesora Pilar Freitas. O curso inclúe ademais actividades paralelas abertas ao público, como a representación da obra de teatro Comedia bífida, ou a exposición Crónicas da represión lingüística.
As actividades abertas ao público son:
- RAZÓNS PARA DEFENDERMOS AS LINGUAS AMEAZADAS
Conferencia de Miquel Strubell (Universitat Oberta de Catalunya)
Mércores 15, ás 11.00 h
- ESTADO DEMOCRÁTICO E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Conferencia de Luís Villares Naveira (xuíz, coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia)
Mércores 15, ás 12.30 h
- PEGADAS ACTUAIS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA EXERCIDA SOBRE O GALEGO AO LONGO DO S. XX
Conferencia de Pilar Freitas (profesora do IES Valle Inclán)
Xoves 16, ás 10.00 h
- CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA
Inauguración da exposición de Xan Leira
Xoves 16, ás 20.00 h
- COMEDIA BÍFIDA
Representación da obra de Manuel Núñez Singala, a cargo de Nobicarelo Teatro
Xoves 16, ás 20.30 h
Entrada libre e de balde até completar aforo