OBXECTIVOS XERAIS DA XORNADA
Con esta xornada preténdese transmitir dun xeito moi breve, claro e sinxelo a evolución e situación sociolingüística actual e difundir os dereitos e deberes lingüísticos que nos asisten sectorialmente, así como arrombar cos tópicos que están servindo de escusa para reducir a presenza pública galego
PROGRAMA COMPLETO
[PODES DESCARGAR AQUÍ A INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF]
17.15 h. Recepción e entrega de documentación
17.30 h. SOBRE SOCIOLINGÜÍSTICA E PLANIFICACIÓN
- Evolución dos datos sociolingüísticos en Galiza. Claves interpretativas da situación actual
Goretti Sanmartín Rei
Xefa do Servizo de Normalización Lingüística e profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña
- As políticas de planificación lingüística como resposta ás tendencias desgaleguizadoras da sociedade
Mª do Pilar García Negro
Profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña
18.30 h. Debate e pausa
19.00 h. SOBRE DEREITOS LINGÜÍSTICOS
- Aspectos constitucionais do estatuto xurídico do galego. Realidade xurídica, mitos e propostas públicas de dubidosa legalidade
Luís Villares Naveira
Xuíz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da Fonsagrada
- Estatuto xurídico do galego na función pública. Notas para o exercicio dos dereitos lingüísticos fronte e dende as administracións públicas
Xabier Antonio Ferreira Fernández
Profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela
- Estatuto xurídico do galego no ensino non universitario. Argumentos para o debate social dende a perspectiva do estudantado, as familias e a comunidade educativa
Alba Nogueira López
Profesora titular de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela
20.15 horas. Debate e peche da xornada ás 20.45 h
PARTICIPACIÓN, LUGAR E ORGANIZACIÓN
PERSOAS DESTINATARIAS E PARTICIPACIÓN
Poden participar nesta xornada todas aquelas persoas que o desexen, de balde e sen inscrición previa
LUGAR
Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo. Santiago de Compostela)
PROMOVE
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) [www.ctnl.org]
COLABORA
A Mesa pola Normalización Lingüística [www.amesanl.org]