Dúas convocatorias de emprego
O Concello de Santiso convoca unha praza de técnico/a en normalización lingüística
PRAZO DE SOLICITUDE: 16 de xuño
[+INFO]
O Concello de Arzúa convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística
PRAZO DE SOLICITUDE: 16 de xuño
[+INFO]
As linguas suman. Campaña da Coordinadora de ENDL
Co lema “As linguas suman”, a Coordinadora Galega de ENDL difundirá entre nais e pais e a través dos centros de ensino un tríptico para transmitir a necesidade da presenza do galego no ensino, baseado en dúas consideracións: “O galego necesita aprenderse na escola” e “Saber galego axuda a aprender”.
[+INFO]
Unha sentenza converte en indefinido o contrato do técnico de normalización lingüística de Vimianzo por ter que realizar funcións distintas ás propias do posto
O Xulgado do Social n.º 2 da Coruña declarou improcedente o despedimento do técnico de normalización lingüística de Vimianzo ao considerar que o seu contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado se converte en contrato indefinido polo feito de ter que desenvolver tarefas propias do servizo de Cultura que van máis aló das funcións estabelecidas como técnico de normalización lingüística.
[+INFO]