A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia publica no DOG do 16 de marzo a convocatoria pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Son subvencionables as publicacións que reúnan as seguintes condicións:
-Que estean escritas integramente en galego conforme a normativa oficial vixente.
-Que teñan un mínimo de 16 páxinas en formato DIN A-3 ou de 26 páxinas en formato DIN A-4 (ou o equivalente noutros formatos) e que publicasen un mínimo de doce números no ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
-Que se publiquen periodicamente.
-Que inclúan o pé de imprenta con todos os datos que estabeleza a lexislación vixente.
A contía que a Xunta lle dedica a estas subvencións é de 41.341 euros.
En anos anteriores, o orzamento dedicado a fomentar os medios en galego foi:
>2009: sobre a contía inicial de 71.753 € houbo un incremento de 900.000 €, polo que o total foi de 971.753 €.
>2010: sobre a contía inicial de 63.566 € houbo un incremento de 336.434 €, polo que o total foi de 400.000 €.
>2011: sobre a contía inicial de 41.341 € houbo un incremento de 500.000 €, polo que o total foi de 541.314 €.
O prazo de solicitude é dun mes, contado a partir da publicación da convocatoria, polo que remata o 16 de abril.
A convocatoria completa, no DOG do 16 de marzo de 2012 >
Pódese obter información sobre as convocatorias dos anos anteriores aquí.
41.341 euros para o fomento de medios en galego en papel
A Xunta de Galicia convoca subvencións para empresas que editen publicacións periódicas en papel escritas integramente en galego. O prazo de solicitude está aberto até o 16 de abril