Convocatoria de subvencións para a normalización lingüística desde as administracións locais
A Consellería de Presidencia da Xunta convocou axudas destinadas ás administracións locais de Galiza para a creación e reforzamento de servizos de normalización lingüística e para a realización de campañas.
A CTNL xa solicitara a principios de ano a convocatoria destas axudas que, un ano máis, chegan tarde.
O prazo de solicitude remata o 26 de xullo.
[+info]
O Observatorio da Lingua Galega actualiza os datos sociolingüísticos do país en todos os ámbitos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) presentou o Observatorio da Lingua Galega, unha iniciativa para coñecer a situación actual do galego na sociedade de xeito global e desde unha perspectiva tanto cualitativa como cuantitativa. No web deste Observatorio xa se fornecen datos de todos os sectores.
[+info]
O Concello de Vimianzo organiza un concurso de murais pola lingua
A través do seu Gabinete de Normalización Lingüística (GNL), o Concello de Vimianzo organiza o concurso Murais pola lingua, co obxectivos de contribuír a situar favorabelmente o galego como lingua de uso cotiá, nomeadamente entre a mocidade. Poderán participar parellas de nenas e de nenos de entre 12 e 17 anos.
[+info]