[35] Recordatorio Asemblea xeral e cea da CTNL

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2009 Benquerida/o socia/o, Lembrámosche a convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de […]

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2009

Benquerida/o socia/o,

Lembrámosche a convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

  • Día: venres 13 de marzo de 2009
  • Hora primeira convocatoria: 17.30 h
  • Hora segunda convocatoria: 18.00 h
  • Lugar: Aula 3 da Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Campus Norte. Santiago de Compostela

Orde do día

  • 1. Votación da acta da asemblea anterior
  • 2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
  • 3. Exposición, debate e votación do informe de xestión
  • 4. Exposición, debate e votación do informe de contas
  • 5. Exposición, debate e votación das liñas de traballo para o próximo exercicio
  • 6. Renovacións na Xunta Directiva
  • 7. Rolda aberta de intervencións

A PARTIR DESTA TARDE (10 de marzo) PODERÁS DESCARGAR NA ÁREA RESTRINXIDA A SOCIOS/AS* DO WEB DA CTNL A DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEA: ACTA DA ASEMBLEA ANTERIOR, INFORME DE XESTIÓN DO PERÍODO INTERASEMBLEAR, PROPOSTAS DE LIÑAS DE ACCIÓN PARA O PRÓXIMO EXERCICIO, INFORME ECONÓMICO, ETC. Se descargas e consultas previamente a documentación a asemblea poderá ser moito máis áxil. Ademais, así non será necesario repartir fotocopias na propia asemblea.

Cea da CTNL

Así mesmo, lembrámosche que este mesmo venres 13 terá lugar tamén a cea anual da CTNL, ás 22.00 h, no Casal do Cabildo (Rúa de San Pedro 18. Santiago de Compostela). O prezo da cea será de 20 euros.

DEBES CONFIRMAR A TÚA ASISTENCIA ATÉ HOXE MESMO, 10 DE MARZO, POR CORREO ELECTRÓNICO NO ENDEREZO info@ctnl.org OU NO TELÉFONO 629 571 950.

Agardamos poder contar contigo tanto na asemblea como na cea.

Atentamente,

Nel Vidal Barral

Presidente da CTNL

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2009

*Se non lembras o teu nome de usuario/a e/ou contrasinal para accederes á área restrinxida do web podes solicitalo novamente no correo electrónico web@ctnl.org.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio